viernes, 21 de noviembre de 2014

PROBA ESCRITA_O MICROSCOPIO

O Vindeiro venres 28, faremos unha proba escrita sobre o microscopio.

Práctica de laboratorio

O próximo luns 24, 1º B e 1º C, e o martes 25 1º A, faremos unha práctica de laboratorio co microscopio óptico e a lupa binocular. 

Repartirei unha ficha para completar no laboratorio e que hai que pegar na libreta como xa expliquei na aula.
Nesta ficha, tendes que cubrir as partes da lupa binocular, onde aquí vos deixo un gráfico.
Tamén publico uns vídeos para que vexades como funcionan o microscopio e a lupa.





domingo, 16 de noviembre de 2014

O MICROSCOPIO: PARTE III


Na seguinte páxina da libreta, a continuación da imaxe do microscopio mudo,debuxa a seguinte táboa:
   - 3 columnas x 7 filas.

- 1ª columna: espazo de 5 cadros da libreta.
- 2ª columna: espazo de 14 cadros de libreta.
- 3ª columna: espazo de 21 cadros de libreta.
- Cada fila: espazo de 11 cadros de libreta.

Completamos os ocos coa información da imaxe da esquerda, agás, onde pon tamaño, é para escribir o dato que virá na páxina da actividade.

Na 2ª columna irá a imaxe que corresponda coa mostra que vexamos.



Pincha no seguinte enlace Laboratorio virtual para familiarizarte co microscopio. 

Le atentamente o texto de introdución do enlace. Pincha nos enlaces do texto (microscopio óptico, microscopio electrónico)





Despois entra no laboratorio virtual.



Seleccionamos a 1ª mostra, a cortiza:
1_Deixamos os aumentos do ocular co nº de aumentos máis baixo (x5) e imos subindo os aumentos do obxectivo (x5; x20; x40; x100) ata que se vexa a imaxe.

2_Despois axustamos o macrométrico ata que na contorna da roda marque unha liña vermella, indicará que estará axustado.

3_Para rematar axustaremos o micrométrico, ata que na contorna da roda marque unha liña vermella. Así a imaxe estará perfectamente enfocada. 

4_Completa a información da táboa.

Seguiremos estos pasos para todas as mostras que aparecen. 

Importante!!

* Micras: escribirase µm (equivale a 10-6 metros ou a millonésima parte dun metro)

**No caso, que teñamos ao máximo os aumentos do obxectivo, e non se vexa a mostra, baixamos ao mínimo os seus aumentos.

Subimos os aumentos do ocular, por exemplo, (x10)

Comezamos a subir de novo os aumentos do obxectivo ata que se vexa a imaxe, e continuamos co resto de pasos.

O MICROSCOPIO: PARTE II

A continuación do apartado anterior, aquí deixo as imaxes de cómo quedaría o segundo apartado do microscopio.




Para completar as definicións que non atopemos na fotocopia, podemos entrar na seguinte dirección:

O microscopio óptico

Na seguinte carilla, detrás da fotocopia Manexar o microscopio óptico, pegamos a imaxe muda para completar os ocos en branco.



lunes, 10 de noviembre de 2014

O MICROSCOPIO_PARTE I

Nestas últimas sesións de clase comezamos a coñecer que é un microscopio. 
Para que a información quede clara e sexa máis amena, elaborei unha parte interactiva en papel que dividiremos en varias partes.


1ª PARTE: o descubrimento da célula. (enlace ao texto traballado na aula)


A partir do texto "O descubrimento da célula" (fonte: Vicens Vives dixital) introducímonos  no microscopio, os seus comezos e primeiros descubrimentos.

Que temos que facer na libreta?
Para comezar, (despois dos apuntamentos e exercicios do tema 8), nunha nova páxina, deixaremos a 1ª carilla en branco para a portada e índice que montaremos máis adiante.

Pola carilla de atrás, pegamos a fotocopia "O descubrimento da célula". 

Ten que levar apuntadas, as definicións que procuramos, ben anotadas pola parte de atrás da fotocopia ou na propia carilla da libreta.

Outra opción, anotalas sobre o propio texto.          
                                                                                            
                


                 
                                                             
               
Na seguinte páxina, montaremos sete etiquetas, resaltando as ideas do texto.

A composición xeral sería a da imaxe da esquerda.

As imaxes que vos din, teñen que ir nas etiquetas que vos indiquei na aula.















A continuación mándovos as fotos de cada unha das etiquetas:

ETIQUETA 1

 
         Portada da etiqueta                       Interior

ETIQUETA 2

 
            Portada da etiqueta                       Interior

ETIQUETA 3


       Portada da etiqueta                       Interior

ETIQUETA 4

 
           Portada da etiqueta                       Interior

ETIQUETA 5

 

       Portada da etiqueta                       Interior

ETIQUETA 6

    
       Portada da etiqueta                       Interior

ETIQUETA 7




        Portada da etiqueta                       Interior


O resultado final...





Ben, espero que vos gustara esta primeira parte desta actividade... continuará ;))