Segunda semana de clase

 Esta semana rematamos o punto 1 facendo as actividades do método científico.


Estas dúas follas as pegamos como xa expliquei na clase, dobrando o papel pola marxe esquerda, a solapa  de ambas péganse entre as dúas e despois a páxina 4 da libreta.


Punto 2: Material de laboratorio.

Comezamos a explicar cal é o material que usan os científicos á hora de facer o seu traballo de investigación.

- Explicación na aula do material máis usado, entrega en fotocopias das imaxes do instrumental. 
Pegaranse na páxina 5 da libreta. 




- Práctica para coñecer a sensibilidade e a capacidade dun recipiente volumétrico. Se pegarán na libreta despois de correxir o exercicio (páxina 6) ou a continuación dos nosos apuntamentos do material de laboratorio.






Comentarios

Publicacións populares