Cuarta e quinta semana de clase.
Nestas dúas semanas rematamos en case todos os grupos o tema 0.
Despois da actividade do "Descubrimento da célula" vimos:
As partes do microscopio e o uso do microscopio.
Estas dúas fotocopias se pegarán a continuación do descubrimento da célula.
Na páxina 8 (partes do microscopio) e na páxina 9 (uso do microscopio), ou na páxina que corresponda na túa libreta.
O punto 3: As fontes de investigación científica.
Temos que facer un esquema do texto do libro (pax 10 da libreta).
- Orixe da información.
- A información pseudocientífica.
- A comunicación da información.
Na páxina 11 da libreta, pegamos a fotocopia de exercicios e contestamos as preguntas.
O punto 4: A seguridade no laboratorio.
Hai que ler a información do libro de texto e contestar as preguntas das fotocopias.
Punto 5: A ciencias e os avances tecnolóxicos.
Completamos as fotocopias e pegamos na libreta.
Comentarios
Publicar un comentario