Primeira semana de clase.

 Xa levamos unha semana de clase e imos empezando a ver cómo traballamos a materia.

Para poder realizar as tarefas na aula, necesitades unha libreta e o libro de texto. Sempre ten que estar na aula cando teñamos clase.

Na vosa libreta tendes que numerar as páxinas para ir colocando o  material que vaimos traballando. Así todo teremos o mesmo na mesma páxina.

Pax 1: Será a portada do tema 0: ten que quedar un espazo na folla para escribir o índice do tema (que faremos ao rematar a unidade). 


Comezamos o tema 0: Como traballan os científicos?

Vou explicando o que imos facendo na aula para poder revisar na casa e poñer en orde as nosas ideas.

O primeiro punto que imos ver é o método científico.

- Libro de aula: lemos os apartados adicados a este punto.



- Vemos o vídeo: (visto en clase)



E contestamos as preguntas prantexadas na fotocopia que entreguei.




Pax 2: pegamos esta fotocopia na libreta unha vez que esté correxida.

- Revisaremos os pasos do método científico a través do seguinte gráfico.


Pax 3: pegamos esta fotocopia na libreta unha vez que teñamos todo cuberto e correxido.









Comentarios

Publicacións populares