5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Tomar conciencia e loitar polo noso medio natural debería estar asumido e formar parte da nosa vida como seres humanos. 

Como aínda eso non é así, hoxe celébrase o día mundial do medio ambiente para lembrarnos que estamos conectados co noso planeta e temos o deber de coidarlo e non crer que somos seres superiores a ningunha especie que cohabita con nós.

Polo que é importante coñecer, respetar e preservar o medio natural, e esto só se consegue observando, lendo, aprendendo, actuando e sendo empáticos coa nosa contorna.

Déixovos esta cita de C. Darwin para lembrar a gran sorte de coñecer e disfrutar dun planeta como o que temos.

Boa finde!

Comentarios

Publicacións populares