Especialista nun ser vivo. Fase 1.

  Cantos seres vivos hai no planeta?
O censo máis preciso, realizado pola Universidad de Hawaii, calcula que no planeta viven un total de 8,7 millóns de especies pero que estén identificadas e descritas, só 1,3 millóns. Aínda que hai que ter en conta que existen outras investigacións donde os valores serían moito mayores. A parte de todo esto, está claro que hai moito que traballar neste campo pero o peor de todo, é a velocidade a que se extiguen moitas especies que nin siquera chegaremos a coñecer.


É seguro que vos estaredes preguntando que se hai tantos seres vivos, haberá que organizalos dalgunha forma?. Moi ben! Estades no certo!.
Dende a antigüidade, os seres humanos clasificábamos os seres que nos rodeaban polas nosas necesidades (comestibles, ornamentais, medicinais, ...) pero esto daba lugar a erros nas clasificacións. 

A partir do século XVII apareceron novos sistemas de organización donde o importante era buscar semellanzas, despois de analizar o maior número de caracteres.

Esta imaxe é un exemplo da clasificación actual.

Na seguinte imaxe mostra os reinos que existen.


Como podedes observar,  é moi variado e todos os seres vivos teñen unha orixe común.
Na presentación dixital imos comezar coa clasificación do teu ser vivo.

Importante fixarse como se escriben os nomes científicos tendo en conta as maiúsculas e as minúsculas, o idioma que se usa,...

Comentarios

Publicacións populares